Tendo presente o futuro

Os nosos obxectivos son fomentar o desenvolvemento das artes e as ciencias relacionadas co teatro recoñecendo e dando a coñecer a profesionalidade e excelencia artística das súas xentes para estimularmos na nosa sociedade o valor fundamental do Teatro. Queremos tender pontes entre as diversas visións do noso teatro para enriquecer máis aínda o noso patrimonio, organizando conferencias, seminarios ou congresos de contido artístico, científico, político ou sociocultural. Difundir o noso traballo á sociedade e á Administración Pública, propiciar intercambios interculturais e internacionais, crear servizos dedicados ao estudo e investigación da interacción entre o Teatro e as novas tecnoloxías… e calquera outra actividade, en fin, tendente a elevar o nivel artístico, técnico ou científico dos distintos oficios teatrais, de xeito que o teatro alcance a relevancia social que lle corresponde, e cantas outras teñan como obxectivo fomentar a promoción e difusión das obras teatrais.

Faiche membro da Academia Galega de Teatro

Últimas noticias

 Participantes nas II Xornadas da Academia en Mariñán organizadas en colaboración coa Excelentísima Diputación da Coruña e patrocinadas pola Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia
Participantes nas II Xornadas da Academia en Mariñán organizadas en colaboración coa Excelentísima Diputación da Coruña e patrocinadas pola Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia

28 / MAI / 2024

Estas II Jornadas da Academia Galega de Teatro en Mariñán, celebráronse do día 23 de maio ao 25 de maio de 2024. Realizadas baixo o lema: “O DESEÑO DAS PROGRAMACIÓNS TEATRAIS GALEGAS: NA PROCURA DUN NOVO MODELO COOPERATIVO”.

VI Premio "LAUDAMUCO" para textos teatrais
VI Premio "LAUDAMUCO" para textos teatrais

27 / MAI / 2024

VI PREMIO "LAUDAMUCO" PARA TEXTOS TEATRAIS🎭📚 Coa intención de incentivar e apoiar a creación dramática en lingua galega, contribuír ao recoñecemento de Roberto Vidal Bolaño por todo o que representou e segue a representar na nosa cultura, o Concello de Brión, co apoio da Academia Galega de Teatro e de Edicións Positivas, convoca, o VI Premio “Laudamuco” para Textos Teatrais 2023.

A Academia Galega de Teatro en colaboración con Excelentísima Deputación da Coruña, e patrocinadas pola Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, realizará unhas xornadas no Pazo de Mariñán.
A Academia Galega de Teatro en colaboración con Excelentísima Deputación da Coruña, e patrocinadas pola Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, realizará unhas xornadas no Pazo de Mariñán.

20 / MAI / 2024

Estas II Xornadas da Academia Galega de Teatro en Mariñán, se celebrarán do día 23 de maio ao 25 de maio de 2024. Realízanse baixo o lema: “O DESEÑO DAS PROGRAMACIÓNS TEATRAIS GALEGAS: NA PROCURA DUN MODELO COOPERATIVO” Tendo en conta a natureza das artes escénicas como servizo público, preténdese buscar un modelo conxunto de diálogo entre diversos axentes culturais que o integran (programadores/as e empresas escénicas) no marco proporcionado pola Academia Galega do Teatro no Pazo de Mariñán nas datas que van da tarde do xoves do 23 de maio de 2024, ate o sábado 25 de maio de 2024. O marco local, é a administración que máis se esforza por cumprir as primeiras necesidades da cidadanía, con todo, na maioría dos casos, esas necesidades cóbrense sen unha política clara, sen reflexión sobre o futuro e sen obxectivos a longo prazo. Isto pode aplicarse ao eido da política cultural municipal. A gran variedade de actividade cultural existente nos concellos galegos, e en concreto nas artes escénicas, fai que a xestión que se realiza, en función dos intereses, recursos e organización, sexa moi distinta duns concellos a outros xerando unha realidade complexa e diversa. A Academia Galega de Teatro xera un espazo de pensamento, nun encontro cun espírito distendido, para repensar o sistema de programación que se está a levar a cabo en Galicia, onde distintos axentes da administración local -especialistas e profesionais- analizarán a situación co fin de marcar uns puntos de encontro cuxo obxectivo é mellorar o sector escénico do noso país para o futuro. Coa participación de todas/os estes profesionais pretendemos establecer un diálogo cun grupo de persoas expertas que programan en distintas realidades, achegarnos a cada unha delas, e intentar depurar un conxunto de ferramentas que permitan a evolución no marco das Artes Escénicas en xeral, e do teatro en particular.

Xunta Directiva e Asemblea Xeral da Academia Galega de Teatro en Culturgal
Xunta Directiva e Asemblea Xeral da Academia Galega de Teatro en Culturgal

09 / NOV / 2022

A Academia Galega de teatro celebrará a súa Xunta Directiva e posteriormente unha Asemblea Xeral o día 26 de novembro de 2022, dentro dos actos que se celebran en Culturgal. Nesta Directiva e Asemblea se presentarán, entre outras actividades, a nova imaxe da Academia así como o súa nova páxina web. As académicas e académicos deberán aprobar as actividades realizadas durante o ano en curso e o proxecto da actividades para o ano vindeiro.

V Premio "LAUDAMUCO" para textos teatrais
V Premio "LAUDAMUCO" para textos teatrais

04 / NOV / 2022

V PREMIO "LAUDAMUCO" PARA TEXTOS TEATRAIS🎭📚 Coa intención de incentivar e apoiar a creación dramática en lingua galega, contribuír ao recoñecemento de Roberto Vidal Bolaño por todo o que representou e segue a representar na nosa cultura, o Concello de Brión, co apoio da Academia Galega de Teatro e de Edicións Positivas, convoca, o V Premio “Laudamuco” para Textos Teatrais 2023.

PRESENTACIÓN EN BRAGA DAS CONCLUSIÓNS DO 1º CONGRESO INTERNACIONAL DO TEATRO GALEGO.
PRESENTACIÓN EN BRAGA DAS CONCLUSIÓNS DO 1º CONGRESO INTERNACIONAL DO TEATRO GALEGO.

09 / OUT / 2022

O día 26 de xullo DE 2022, foron presentadas en Braga, no Teatro Circo, dentro do Festival Internacional de Teatro de Euroasia, as conclusión do 1º Congreso Internacional do Teatro Galego.

A Presidenta dá a benvida na inauguración do I Congreso Internacional de Teatro Galego
A Presidenta dá a benvida na inauguración do I Congreso Internacional de Teatro Galego

13 / SET / 2022

O 7 de Outubro de 2020 daba comezo o I Congreso Internacional de Teatro Galego

Presentada en Compostela, no Día Mundial do Teatro (27 de marzo de 2018) a Academia Galega de Teatro.
Presentada en Compostela, no Día Mundial do Teatro (27 de marzo de 2018) a Academia Galega de Teatro.

09 / SET / 2022

Nace como un espazo "de debate e reflexión" preséntase cun programa de medidas estruturais para a escena galega.

PRESENTACIÓN DO LIBRO NO QUE SE PUBLICAN AS ACTAS DO I CONGRESO INTERNACIONAL DO TEATRO GALEGO.
PRESENTACIÓN DO LIBRO NO QUE SE PUBLICAN AS ACTAS DO I CONGRESO INTERNACIONAL DO TEATRO GALEGO.

09 / SET / 2022

Nun acto celebrado o día 16 de xuño de 2022, no Ateneo Ferrolán, a Academia Galega de Teatro presenta a publicación das actas do 1º Congreso Internacional do Teatro Galego.

Recomendados

 

Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Podes personalizar a túa experiencia aquí. Se queres saber máis, le a nosa Política de Cookies

Nesta xanela podes configurar as cookies que queres aceptar. Lembra que en todo momento, podes acceder á nosa Política de Cookies