POR UN TEATRO CHEO: CHEO DE ESPECTÃCULOS, DE TALENTO, DE ESPECTADORES, DE ACTIVIDADE, DE EMOCIÓN, DE ARTE, DE ORGULLO, DE ILUSIÓN…
Fins e obxectivos
A Academia Galega de Teatro, constituÃda coa finalidade de debater e facer chegar á sociedade e ás institucións os problemas da vida escénica galega, quere facer público este Programa Básico para o Teatro Galego:
1.- Ampliación, tanto cualitativa coma cuantitativamente, do apoio institucional ás compañÃas profesionais de teatro co obxectivo de consolidar empresas teatrais sólidas que poidan afrontar con medios e recursos suficientes e dende a iniciativa privada a produción, distribución e exhibición de espectáculos teatrais.
2.- Adscrición da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia á Universidade. Implantación progresiva das ensinanzas teatrais nos diferentes niveis do sistema educativo, tanto nos regulados pola Lei de Ordenación Xeral do Sistema Educativo como na Universidade. Promoción de Escolas Municipais e/ou Comarcais de Teatro.
3.- Creación de compañÃas residentes nos teatros de titularidade pública das principais cidades galegas, con competencia para producir espectáculos e programar un espazo escénico especÃfico, desde o que establecer intercambios e todo tipo de colaboracións con outras compañÃas e explorar novas posibilidades de exhibición, coa finalidade de establecer unha nova e mais rica relación entre o teatro e o seu entorno social.
4.- Reestruturación ou mesmo reconsideración da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) coa creación dun Departamento de Teatro que recupere o valor do teatro como arte e cultura por riba do concepto de industria e que funcione con autonomÃa orzamentaria, de xestión, de programación e de contratación, situando a súa fronte a persoas cos coñecementos e coa competencia profesional necesaria para deseñar, poñer en marcha e coordinar proxectos de fomento e regularización do Teatro. Este departamento contemplará a posibilidade de creación de novas unidades de produción teatral para responder á diversidade creativa en todos os ámbitos e coordinará as diferentes administracións e a outras entidades e organismos co obxectivo de establecer programas, proxectos e iniciativas comúns para o desenvolvemento do teatro en Galicia, asà como o seu espallamento e divulgación máis aló das nosas fronteiras.
5.- Creación do Centro de Documentación Teatral como espazo para salvagardar a memoria do teatro galego e promover o seu coñecemento e divulgación.
6.- Dotar ao Centro Dramático Galego da autonomÃa xurÃdica necesaria para producir os seus espectáculos e xestionar as súas actividades, e dotalo dos medios necesarios e das infraestruturas precisas para un adecuado desenvolvemento das súas funcións e actividades cumprindo cos seus naturais obxectivos.
7.- Inclusión da actividade teatral galega nos grandes proxectos institucionais de carácter cultural, considerando imprescindible que na Cidade da Cultura teña presenza destacada a creatividade teatral galega tanto a nivel das programacións como, e sobre todo, a nivel da construción e da utilización das infraestruturas.
8.- Establecer novos modelos de exhibición e distribución que garantan unha presenza máis prolongada dos espectáculos teatrais nos seus espazos naturais de existencia: os teatros.
9.- Redefinición e mellora da Rede Galega de Teatros e Auditorios promovendo a incorporación significativa de novos puntos de representación, aumentando o número de dÃas de permanencia dos espectáculos en cada praza e estendendo a súa actividade a todos os meses do ano, mellorando substancialmente as súas infraestruturas, equipamentos e recursos.
10.- Posta en marcha dun novo modelo de relación entre a administración e as compañÃas teatrais que contemple a realización de proxectos puntuais, anuais e plurianuais en función dos obxectivos e da finalidade de cada proxecto teatral concreto e co obxectivo de potenciar a estabilidade no tecido produtivo.
11.- Implicación decidida das entidades privadas e semi-públicas e das fundacións, na promoción e difusión do teatro galego dentro das competencias que lles son propias. Reclamación dunha lei de mecenado que facilite a implicación destas entidades no fomento da dramaturxia, na promoción e difusión do teatro e no financiamento e patrocinio de proxectos escénicos.
12.- Creación dun mapa de mostras e festivais, considerando os existentes e establecendo novos obxectivos. Posta en marcha dun Festival Internacional de Teatro nalgunha das cidades galegas.
13.- Creación dun circuÃto de exhibición entre as cidades do Eixo Atlántico que permita e potencie o intercambio de producións teatrais entre Galicia e Portugal.
14.- Promoción dos espazos alternativos de exhibición e das compañÃas que os promoven para fomentar a diversidade na produción e atender as demandas dos diferentes públicos.
15.- Estimulación da escrita dramática en galego e promoción da súa difusión editorial e escénica asà como potenciación da lectura nos centros de ensino e nas bibliotecas.
16.- Deseño e a posta en marcha desde as entidades competentes de campañas de promoción, de información, de divulgación e de formación e captación de novos públicos.
17.- Cumprimento por parte dos medios audiovisuais de titularidade pública (Radio Nacional, Radio Galega, TVE e Televisión de Galicia) das funcións que lles son propias con respecto á consolidación do teatro en Galicia, creando espazos especÃficos e permanentes de información, divulgación e exhibición da actividade teatral.
18.- Establecemento de acordos e convenios especÃficos cos medios de comunicación para potenciar a presencia do teatro galego nos mesmos.
19.- Fomento da investigación teatral na Universidade e nas diversas institucións culturais, quer da orientada á realización de estudos teóricos, quer da dirixida á experimentación e á investigación das diversas tendencias e correntes escénicas.
20.- Promoción do teatro para a infancia, a mocidade e os maiores, do teatro de tÃteres, do teatro de rúa e doutras manifestacións teatrais ou performativas.
21.- Fomento do teatro afeccionado, do teatro escolar e doutros tipos de práctica teatral non profesional.