Volver atrás

Francisco Oti Ríos

Francisco Oti Ríos

21 de agosto de 1954 Cabanas

Achega

Titulado Superior en Dirección de Escena e Dramaturxia especialidade en Dramaturxia (ESAD de Galicia). Desenvolve actividades escénicas e de xestión teatral desde 1974, ano no que comeza como actor no Grupo Teatro Círculo de Perlío en Fene; Ademais de autor que publicou artigos, ensaios e textos dramáticos, foi galardoado con algúns premios e desenvolveu actividades como xestor e creador tanto no sector teatral privado coma no público e en diferentes modalidades como a produción de espectáculos ou o deseño de escenografía, vestiario, iluminación ou gráfico. Tamén foi Xefe de produción do Centro Dramático Galego (1992-2005); xurado en importantes premios e director da feira de teatro e importantes mostras, xornadas e festivais.

Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Podes personalizar a túa experiencia aquí. Se queres saber máis, le a nosa Política de Cookies

Nesta xanela podes configurar as cookies que queres aceptar. Lembra que en todo momento, podes acceder á nosa Política de Cookies