28 / MAI / 2024
Estas II Jornadas da Academia Galega de Teatro en Mariñán, celebráronse do día 23 de maio ao 25 de maio de 2024. Realizadas baixo o lema: “O DESEÑO DAS PROGRAMACIÓNS TEATRAIS GALEGAS: NA PROCURA DUN NOVO MODELO COOPERATIVO”.
27 / MAI / 2024
VI PREMIO "LAUDAMUCO" PARA TEXTOS TEATRAIS🎭📚 Coa intención de incentivar e apoiar a creación dramática en lingua galega, contribuír ao recoñecemento de Roberto Vidal Bolaño por todo o que representou e segue a representar na nosa cultura, o Concello de Brión, co apoio da Academia Galega de Teatro e de Edicións Positivas, convoca, o VI Premio “Laudamuco” para Textos Teatrais 2023.
20 / MAI / 2024
Estas II Xornadas da Academia Galega de Teatro en Mariñán, se celebrarán do día 23 de maio ao 25 de maio de 2024. Realízanse baixo o lema: “O DESEÑO DAS PROGRAMACIÓNS TEATRAIS GALEGAS: NA PROCURA DUN MODELO COOPERATIVO” Tendo en conta a natureza das artes escénicas como servizo público, preténdese buscar un modelo conxunto de diálogo entre diversos axentes culturais que o integran (programadores/as e empresas escénicas) no marco proporcionado pola Academia Galega do Teatro no Pazo de Mariñán nas datas que van da tarde do xoves do 23 de maio de 2024, ate o sábado 25 de maio de 2024. O marco local, é a administración que máis se esforza por cumprir as primeiras necesidades da cidadanía, con todo, na maioría dos casos, esas necesidades cóbrense sen unha política clara, sen reflexión sobre o futuro e sen obxectivos a longo prazo. Isto pode aplicarse ao eido da política cultural municipal. A gran variedade de actividade cultural existente nos concellos galegos, e en concreto nas artes escénicas, fai que a xestión que se realiza, en función dos intereses, recursos e organización, sexa moi distinta duns concellos a outros xerando unha realidade complexa e diversa. A Academia Galega de Teatro xera un espazo de pensamento, nun encontro cun espírito distendido, para repensar o sistema de programación que se está a levar a cabo en Galicia, onde distintos axentes da administración local -especialistas e profesionais- analizarán a situación co fin de marcar uns puntos de encontro cuxo obxectivo é mellorar o sector escénico do noso país para o futuro. Coa participación de todas/os estes profesionais pretendemos establecer un diálogo cun grupo de persoas expertas que programan en distintas realidades, achegarnos a cada unha delas, e intentar depurar un conxunto de ferramentas que permitan a evolución no marco das Artes Escénicas en xeral, e do teatro en particular.
25 / MAI / 2023
Baixo o lema de “A estabilidade na acción teatral,” a Academia Galega de Teatro, co apoio da Deputación Provincial da Coruña, ven de celebrar as súas Primeiras Xornadas no Pazo de Marinán, no Concello de Bergondo, provincia da Coruña. Na súa curta traxectoria a Academia Galega de Teatro ten demostrado con feitos a súa necesaria existencia cando, en menos de seis anos, consegue programar e organizar en plena pandemia (2020) o I Congreso Internacional do Teatro Galego, cuxas actas se poden consultar tanto en edición dixital coma en formato libro; este congreso veulle a dar continuidade, 32 anos despois, ao I encontro do Teatro Profesional celebrado no Ateneo Ferrolán en 1988. Nesta curta andaina, e froito dun protocolo de colaboración coa Universidade da Coruña, tamén se acadou a posta en marcha do Observatorio do Teatro Galego, un espazo académico para a documentación e a investigación da actividade teatral galega que está a ser dirixido polo Prof. Dr. Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes. Mais recentemente a academia tamén ven de colaborar na creación dunha base de datos online (https://rptg.gal/proxecto) para recuperar o patrimonio teatral de Galiza entre 1936 e 1973 na que poder identificar, estudar e difundir a literatura dramática a produción teatral en lingua galega escrita e/ou representada en Galiza e nas capitais do Rio da Prata. Sen esquecer a creación dos Premios da Academia que con carácter anual queren dar cumprido recoñecemento a aquelas persoas con demostrada traxectoria e dedicación ao teatro en Galiza. A Academia ven a focalizar a atención da profesión sobre un tema fundamental: a Estabilidade; unha estabilidade desde sempre procurada que atinxe tanto aos temas laborais coma aos creativos, e o fai cun programa que pretende abranguer unha visión ampla dos focos posibles e de forma intensiva coa convocatoria e realización destas primeiras xornadas que se celebraron durante os días 19, 20 e 21 de maio de 2023.
09 / NOV / 2022
A Academia Galega de teatro celebrará a súa Xunta Directiva e posteriormente unha Asemblea Xeral o día 26 de novembro de 2022, dentro dos actos que se celebran en Culturgal. Nesta Directiva e Asemblea se presentarán, entre outras actividades, a nova imaxe da Academia así como o súa nova páxina web. As académicas e académicos deberán aprobar as actividades realizadas durante o ano en curso e o proxecto da actividades para o ano vindeiro.
04 / NOV / 2022
V PREMIO "LAUDAMUCO" PARA TEXTOS TEATRAIS🎭📚 Coa intención de incentivar e apoiar a creación dramática en lingua galega, contribuír ao recoñecemento de Roberto Vidal Bolaño por todo o que representou e segue a representar na nosa cultura, o Concello de Brión, co apoio da Academia Galega de Teatro e de Edicións Positivas, convoca, o V Premio “Laudamuco” para Textos Teatrais 2023.
09 / OUT / 2022
O día 26 de xullo DE 2022, foron presentadas en Braga, no Teatro Circo, dentro do Festival Internacional de Teatro de Euroasia, as conclusión do 1º Congreso Internacional do Teatro Galego.
13 / SET / 2022
O 7 de Outubro de 2020 daba comezo o I Congreso Internacional de Teatro Galego
09 / SET / 2022
Nace como un espazo "de debate e reflexión" preséntase cun programa de medidas estruturais para a escena galega.
09 / SET / 2022
Nun acto celebrado o día 16 de xuño de 2022, no Ateneo Ferrolán, a Academia Galega de Teatro presenta a publicación das actas do 1º Congreso Internacional do Teatro Galego.
09 / SET / 2022
Nun acto celebrado o día 16 de xuño de 2022, no Ateneo Ferrolán, a Academia Galega de Teatro entrega a Luciano Fernández o premio desta Academia na súa edición de 2021
09 / SET / 2022
En Rianxo, co Discurso da Presidenta, Imma Antonio, quedou constituída a Academia Galega de Teatro.