Nun acto celebrado o día 16 de xuño de 2022, no Ateneo Ferrolán, a Academia Galega de Teatro presenta a publicación das actas do 1º Congreso Internacional do Teatro Galego.
A Academia Galega de Teatro, A.G.T., presentou onte en Ferrol as actas do I Congreso Internacional do Teatro Galego. O acto, celebrado no Ateneo Ferrolán ante un auditorio cheo, comezou coa intervención de Luma Gómez, actriz de Teatro do Noroeste, que fixo un percorrido persoal co título “Do Afeccionado ao Profesional”. Pola súa banda, Xoana Balado, directiva da asociación, presentou unha “Retrospectiva do I Encontro do Teatro Profesional, celebrado no Ateneo Ferrolán no ano 1988”, coa participación de alumnos da Escola de Teatro de Narón. De seguido, Imma António Souto, presidenta da A.G.T., procedeu a facer a presentación da publicación das actas, Deseñando horizontes: situación actual, orixe e planificación do futuro do teatro galego, que están dispoñibles para a súa consulta e descarga na páxina web do Consello da Cultura Galega, e que veñen de ser editadas tamén en formato físico.