Co fin do cumprimento dos nosos obxectivos e por mor de estudar a realidade actual do sistema teatral galego, na Academia Galega de Teatro queremos poñer o foco nun dos piares fundamentais do feito teatral: a programación; os circuítos e as redes de exhibición e nos axentes que nelas interveñen.
Do 23 ao 25 de maio do 2024 a Academia Galega de Teatro realizou unhas xornadas en el Pazo de Mariñán, en colaboración coa Excelentísima Deputación da Coruña e patrocinadas pola Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, que baixo o título xenérico de: "O deseño das programacións teatrais galegas: Na procura dun novo modelo cooperativo", establecéronse sinerxias de entendemento entre as compañías de teatro e os xestores e xestoras culturais que realizan labores de programación de artes escénicas nos concellos de Galicia.
Do 19 ao 21 de maio de 2023, a Academia Galega de Teatro realizou unhas xornadas patrocinadas pola Excelentísima Deputación da Coruña, no Pazo de Mariñán, que baixo o título xenérico de "A estabilidade na acción teatral", trataron temas como: aspectos da itinerancia actual, a estabilidade como obxectivo ou as compañías residentes.
Acta fundacional da Asociación "Academia Galega de Teatro"
(Discurso da Presidenta da Academia Imma António Souto, lido no acto de constitución da AGT realizado en Rianxo o día 21 de outubro de 2017.)(Discurso da Presidenta da Academia Imma António Souto, lido no acto de constitución da AGT realizado en Rianxo o día 21 de outubro de 2017.)
No outono de 1990 a Asociación de Actores Directores e Técnicos de Escena de Galicia aprobaba e presentaba un documento que titulaba Necesidade dunha política teatral, no que se recollían moitas das reflexións e propostas da década anterior, que comezaba en 1978 coa presentación das primeiras compañías profesionais e que finalizaba coa celebración en Ferrol do “Primeiro Encontro do Teatro Profesional Galego” en xuño de 1988.
O 21 de Outubro un grupo de 17 persoas comprometidas co teatro do país fundamos a Academia Galega de Teatro...